Blogia
Andresadas

O galego

No comment, no visit, NO LIFE...

No comment, no visit, NO LIFE...

Escribo este artigo porque si, porque estou canso, xa non podo máis... Ademáis de pasar unha fase na miña vida bastante confusa e insulsa, miro día tras día este blog e o meu mail para ver se hai algún comentario, algunha mensaxe de que esta páxina está servindo realmente para algo... Se isto aporta algo ás vidas do resto da xente que se digna a visitar a páxina, a maioría delas, case "obrigados" por min, porque son familiares e amigos ós que eu lles digo insistente: Visita a miña páxina... visítaa... Non creo que sexa xusto... Se a xente non lle interesa a páxina, non hai motivos para seguir...

Por outra parte agradezo a colaboración dos visitantes e tamén dos poucos aínda que gratificantes comentarios que recibín... Moitas grazas. E ata sempre.

 

As empresas proetarras segundo a Falange

As empresas proetarras segundo a Falange A continuación facilitovos un comunicado do Partido Falangista (FE-JONS), no cal anuncia unha serie de empresas que axudan a financiar a HB e tamén a ETA directamente... Non sei que máis se lle ocurrirá dicir a estes... De todos xeitos, aquí tedes o seu comunicado (traducido ó galego)

NON ABONDA CON SENTIR CADA ATENTADO DE ETA.

Dentro do entramado industrial e económico basco hai empresas que simpatizan e mesmo amparan ao grupo terrorista ETA. De entre todas elas a máis grande e se cadra máis familiar para todos sexa a cooperativa

"MONDRAGÓN CORPORACIÓN".

Cooperativa localizada en localidades con forte implantación do grupo político-terrorista EH-HB. Dentro desta corporación hai marcas tan familiares a todos como os SUPERMERCADOS EROSKI ou CONSUM. ou marcas de ELECTRODOMÉSTICOS como FAGOR ou EDESA.

Estas son só as máis familiares pero son moitas máis que mesmo diáriamente as estas utilizando. Cada vez que mercas en EROSKI e o seu filial CONSUM ou mercas un electrodoméstico de FAGOR ou EDESA, estas axudando e financiando a unha empresa cuxa maioria de traballadores son votantes de EH, os seus concellos amparan e protexen aos terroristas e fas que prosperen unhas áreas xeográficas de forte implantación etarra.

A ONCE, tan sensíbel para outras cousas, tampouco non tivo escrúpulo algún en se asociar e participar no grupo EROSKI. EN TI ESTA QUE ACTÚES, non serve lamentar os continuos atentados pensando que non podes facer nada, a túa simple postura en contra destas empresas e outras similares e mesmo en xeral os productos bascos poden ter efecto.

Pero aínda non acabou isto... Se queres saber máis... Espera impaciente o seguinte artículo... Continuará...

Andresiño... pero que pesao co reggaeton

Andresiño... pero que pesao co reggaeton Si, seino. Son un pesado con este tema. Pero é que dá moito de que falar. Sígome posicionando en contra deste tipo de música. Pero é que tamén sei que son da minoría, non sei cal é o motivo de que teña tanto éxito, pero hei de confesar que ao ser, o que poñen en todas as discotecas, non tes máis remedio que falar diso, bailalo , e, en ocasións, co efecto do alcol e as drogas, cantalo . Pero que lle imos facer, non cambiará... A xente me di: Andresiño, pero... , por que non che gusta o reggaeton, se lle gusta a todo o mundo? Pero, é que , nen para a música hai estilo propio e un gusto? Este artigo ven ao caso da canción de Daddy Yankee (vaia nome para un cantante) , A gasolina. Grazas a aqueles que me oferecestes páxinas webs nas que se poderia ver as letras das cancións, ás cales teñen a desfachatez de chamar líricas. De todas maneiras, o meu masoquismo é tal, que escoito as cancións para oferecer todo luxo de detalles. Dicir que neste caso, foi imposíbel decifrar o que o "cantante" dicia. Aí vos vai:

Oh!, Oh!, Oh!
Oh!, Oh!
Who's This...
Da-DDy... Yan-kee...

Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Que se preparen que lo Que viene pa Que le den...
(Duro!...)

Mamita yo sé que tú no te me va a quitar...
(Duro!)
Lo que me gusta es que tu te dejar llevar...
(Duro!)
To los weekend's ella sale a vacilar...
(Duro!)
Mi gata no para de janguiar porque...

Ella le gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Ella le gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)

Ella prende las turbinas...
No discrimina...
No se pierde ni un party de marquesina...
Se asiquala hazta pa la esquina...
Luce tan bien que hazta la sombra le combina
Asesina, me domina...
Janguea en carro motora y limosina
Llena su tanke de adrenalina...
Cuando escucha reggaeton en la cosina...

Ella le gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Ella le gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)

Yo!
Aqui yo soy de los mejores
No te me ajores...
En la pista nos llaman Los matadores...
Tu haces que Qualquiera se enamore...
Cuando bailas al ritmo de los tambores...
Esto va pa las gatas de to's colores...
Pa las mayores...
pa las menores...
Para que son las zorras de los cazadores...
Pa las mujeres que no apagan a sus motores...

Tenemos tu y yo algo pendiente...
Tu me debes algo y lo sabes....
Comigo ella se pierde.... Eh...
No le rindes cuentas a nadie.... Eh...
Tenemos tu y yo algo pendiente...
Tu me debes algo y lo sabes...
Conmigo ella se pierde... Eh...
No le rindes cuentas a nadie... Eh...

Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Zumbale mambo pa Que mi gata prendan los motores
Que se preparen que lo Que viene pa Que le den...
(Duro!...)

Mamita yo se que tu no te me va a quitar...
(Duro!)
Lo que me gusta es que tu te dejar llevar...
(Duro!)
To los weekend's ella sale a vacilar...
(Duro!)
Mi gata no para de janguiar porque a ella...

Ella gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Ella le gusta la gasolina
(Dame mas gasolina...)
Como le encanta la gasolina
(Dame mas gasolina...)

Oh!, Oh!, Oh!, Oh!
Oh!, Oh!, Oh!, Oh!

Se alguén quere a canción, que ma pida, pásolla vía messenger, ou senón, por e-mail!

¿ A indecencia? ¡ Iso nin pagando!

¿ A indecencia? ¡ Iso nin pagando! Todos lembramos o incidente que supuxo tema de conversación principal durante moito tempo nos EEUU. Non a guerra de Iraque, nen as campañas electorais que comenzaban, nen o conflito palestino-israelí. Senón unha simple teta. Sí, o que están a ler. Unha simple teta, que dá igual que sexa de Janet Jackson ou de calquera outra muller do planeta. Non é mais que unha parte do corpo como outra calquera, dunha muller. O feito de que o cantante Justin Timberlake, desprendiera unha parte do vestido da Jackson, que ofrecía a cámara un peito da cantante (decorado con unha perla brillante de cor gris, para que aos morbosos non se lles ocorrese ver o pezón da famosa intérprete, para máis inri, tanta polémica, e encima a cantante non mostra o seu peito de maneira desinhibida e total). O detalle curioso que merece a mágoa apontar, é que eses dous segundos emitidos no descanso da Superbowl, supoñeron millóns de descargas e de visitas na rede, máis que calquera outro portal de Internet de contido erótico ou pornográfico durante o mes de febreiro do pasado ano.

Ese 1 de febreiro de 2004, no que Janet Jackson enseñou un dos seus peitos, Estados Unidos xa non voltaría a ser o mesmo país. Porque o país estaba escandalizado, pero ao mesmo tempo contento co suceso (por iso engádolles o dato da rede de Internet).

Outro suceso que conmocionou ao país, foi que o día 28 de agosto de 2004, durante a gala musical de MTV, tres cantantes que estaban a realizar unha actuación para o evento: Britney Spears, Madonna e Christina Aguilera realizasen un acto considerado por algúns de moi mal gusto. Madonna, situada no centro durante a actuación, nun momento que a voz da canción estaba pausada, decidiu xirarse cara a dereita e dárlle un bico a Britney. Ante a estupefacción dos xornalistas, fotógrafos e demáis persoal, Madonna acabou xirando cara o outro lado e dárlle un bico tamén a Christina.

Ambos sucesos foron excusados totalmente polos "artistas", ciñéndose a que foron accións improvisadas, que non tiñan a intención de causar polémica nen de chamar a atención... Non era nada preparado, todo fora espóntaneo e do momento. A partir destas dúas "indecentes actuacións", os medios de comunicación non ían permitir que voltara a pasar. Así que decidiron que non ian retransmitir a programación a tempo real, é dicir, que ia deixar de existir o seu live(en directo). As retransmisións se realizarían dous segundos despois, e asi en caso de escándalo televisivo, a xente non se vería "contaminada" polas aberracións que a algunhas persoas acostuman tentar compartir co resto. Supoño que coñecerán o ton irónico e de sarcasmo no que estou tecleando agora mesmo, ¿non?

Pois ben, tras colocar esta breve (ainda que interesante) introducción, vos vou pór ao dia en como está a situación actual. Aquelas "normas da decencia" establecidas no seu momento polo FCC foron endurecidas severamente polo seu novo director, Kevin J. Martin, o cal fora selecionado polo presidente dos Estados Unidos de América, o señor (por dicir algo) George Walker Bush. A FCC (o acrónimo de Federal Communications Commission) decidiu trasladar a decisión de censurar a programación dos canais de televisión por cable, satélite e dixital (todos os canais de pago), e practicar a política contra a "indecencia". polo tanto que os usuarios que teñen antena de pago por visión, poden estar satisfeitos, xa que a decencia vai reinar na súa información e cultura audiovisual.